Ir o contido principal

Alumnado da USC acada 30 dos 74 premios extraordinarios Fin de Carreira da Xunta de Galicia

Alumnado en Campus. Foto: Santi Alvite
Dos 74 premios outorgados, 30 foron para tituladas e titulados da USC. Foto: Santi Alvite
Este é un recoñecemento ás “mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia”
Lugo, Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia concedeu os premios extraordinario Fin de Carreira para recoñecer as “mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia” do alumnado que rematou os seus estudos no curso 18-19. Do total dos 74 premios concedidos nesta convocatoria, as tituladas e titulados da USC suman un total de 30.

Pola USC acadaron este recoñecemento Cristina García Bande, de Administración e Dirección de Empresas; Álvaro González Gómez, de Ciencia Política e da Administración; Mª Araceli Pin Díaz, de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural; Nuria Cancela López, de Comunicación Audiovisual; Belén Rodríguez Soto, de Economía; Patricia Moure Acuña, Mestre de Educación Infantil; Sandra García Rivera, Adrián Miño Rodríguez e Thania Rey Villameá, de Enfermaría; Jacobo Casas Ramos e Marcos Fernández Pichel, de Enxeñaría Informática; Daniel González Picallo, de Enxeñaría Química; Francisco Cajade Pascual, de Farmacia; Juan Manuel Cano Vila, de Física; María Gil Martínez, de Historia da Arte; Mª Isabel López López, de Lingua e Literatura Inglesas; Miguel Cavadas Docampo, de Lingua e Literatura Españolas; Roberto Rivas Couce, de Linguas e Literaturas Modernas; Tatiana Fernández Barge, Sandra Martínez Fernández e Mauro Trincado Ave, de Medicina; Inés Balseiro Legaspi, de Odontoloxía; Enrique Beiro Moreda, de Óptica e Optometría; Ángela González Villa, de Pedagoxía; María Lourdes Vellón Nogueira, de Psicoloxía; Nerea Rodríguez Gay, de Relacións Laborais e Recursos Humanos; Mónica Alonso Cividanes, de Traballo Social; Elena Lamas Francis, de Veterinaria; Rubén Boga González, de Xeografía e Ordenación do Territorio; e Alejandro Gesto Louro, de Xornalismo.

Esta era unha convocatoria dirixida a alumnado universitario que cursase de forma íntegra os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do SUG, e que tiveran acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura. O número total de premios está determinado polo número de persoas egresadas na mesma titulación. Deste xeito, aquelas titulacións con ata 199 persoas egresadas optan a un premio; as que teñen entre 200 e 299 a dous; entre 300 e 399 a tres; entre 400 e 499 a catro; e as que teñen 500 ou mais a cinco premios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.01.2021.