Ir o contido principal

Alumni USC reactiva o seu Premio de Relato Curto

Incorpora un premio en metálico de 500 euros

Alumni USC, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade compostelá, reanuda a convocatoria do seu Premio de Relato Curto que estará dotada con 500 euros. O prazo desta décimo primeira edición para entregar os traballos finaliza o 15 de outubro e está aberto a todo o público en xeral. O tema será de libre elección, cun texto rigorosamente inédito e redactado en lingua galega nun máximo de sete folios. A presentación de orixinais, que non serán devoltos, deberá facerse baixo pseudónimo.

A presidenta de Alumni USC, Benita Silva, sinala este certame como unha das actividades culturais da asociación coa que se pretende chegar ao maior número de persoas posible, “cada vez máis xente, de todas as idades, goza da escritura, polo que este concurso é unha nova oportunidade tanto para afeccionados como para os/as mías avezados”. Este ano, grazas ao apoio do Instituto Policlínico La Rosaleda, a convocatoria inclúe unha achega económica de 500 euros polo, Benita Silva agarda que “o acicate económico axude a aumentar a recepción e calidade dos textos”.

A composición do xurado comunicarase proximamente coa oportuna antelación. Os traballos deben presentarase por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN A4 por unha cara en times new roman a tamaño 12. Deberán remitirse á Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Casa da Concha, rúa da Conga 1 (15.704 Santiago de Compostela, A Coruña). As bases están dispoñibles para as persoas interesadas na web de Alumni USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2016.