Alumnos de Educación Infantil realizan una intervención artística na Facultade de Ciencias da Educación

Os alumnos de terceiro curso de Maxisterio da especialidade de Educación Infantil da Facultade compostelá de Ciencias da Educación realizan una intervención estético-artística nos vestíbulos de acceso ao centro, no Campus Norte.
A instalación, que permanecerá ata o 31 de xaneiro, forma parte dun proxecto máis amplo que pretende levar ás aulas dos nenos de Educación Infantil a obra de distintos artistas. Trátase, segundo explica a profesora Carmen Franco, de “facer visible o remate dun proceso de creación artística que nace con vocación de modificar o contorno inmediato”.
Con esta iniciativa, enmarcada nas diferentes actividades que a área de Didáctica da Expresión Plástica ten previstas para este curso, faise posible que o resto da comunidade educativa participe, comente, reflexione ou sinxelamente goce durante uns días de obxectos manipulados con finalidade estética e artística.