Amplíase ata o mércores a matrícula nos cursos de idiomas do CLM do segundo semestre
O Centro de Linguas Modernas da USC amplía ata o mércores 10 o prazo de matrícula por internet en todos os cursos do segundo semestre agás o de español como lingua estranxeira (ELE).
As persoas que non teñen feito o test de nivel deben contactar co persoal do CLM no enderezo clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es) e rexistrarse no test de nivel da lingua que queren estudar en Santiago ou en Lugo.
Os cursos de linguas estranxeiras teñen 40 horas presenciais e dez de traballo autónomo tutelado, que quedará reflectido nas certificacións. Así, o alumnado obterá por un curso semestral 2 créditos ECTS cando cumpra os requisitos da normativa da USC.