Ir o contido principal

Analizan en Caldas o papel dos concellos como axentes de integración

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

Estudantes universitarios, profesores, orientadores escolares e técnicos de educación, cultura ou servizos sociais de concellos e organizacións cívicas son os principais destinatarios do curso ‘ A inmigración en Galicia: os concellos como axentes de integración’ que se impartirá dende o 19 ao 22 de xullo no Auditorio Municipal de Caldas de Reis. Expertos de toda España, entre os que figuran catedráticos de Educación Intercultural, Psicoloxía ou Dereito, e especialistas en mediación cultural participarán nos relatorios e mesas redondas previstas neste seminario, que ten unha carga lectiva de trinta horas e se articula ao redor de dous campos fundamentais na xestión da inmigración como son os servizos sociais e a educación. Dirixido pola profesora Mar Lorenzo e a concelleira de Servizos Sociais de Caldas, Begoña Castro, este curso de verán conta coa colaboración do concello pontevedrés e do Instituto da Muller do Ministerio de Igualdade.

Toda a información sobre a actividade pódese consultar na páxina www.usc.es/cultura/uveran29_10.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.07.2010.