Ir o contido principal

Analizan en Dereito as novas reformas fiscais e o marco xurídico do sector audiovisual

Analizan en Dereito as novas reformas fiscais e o marco xurídico do sector audiovisual
Analizan en Dereito as novas reformas fiscais e o marco xurídico do sector audiovisual
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

Debater o marco xurídico e as reformas fiscais vixentes dende o 1 de xaneiro deste ano no que atinxe o sector audiovisual, especialmente en Galicia, é o obxectivo do curso de verán que, organizado co Clúster Audiovisual Galego, terá lugar entre os días 17 e 19 de xuño na Facultade compostelá de Dereito. O prazo de matrícula remata este venres 5. Dirixido polo profesor César García Novoa, o curso ‘ Problemas xurídicos do cinema e do sector audiovisual’ centrarase na protección das obras producidas polo sector, as novas fórmulas de financiamento e as medidas fiscais que poden favorecer o desenvolvemento da industria audiovisual. O encontro, que inaugurará a delegada especial da Axencia Tribiutaria, Imelda López, tratará cuestións concretas como o crowdfounding como nova fórmula de financiamento, a tributación das obras, os incentivos ao cinema ou o mecenado e o patrocinio. Entre os relatores figuran especialistas da USC así como de empresas audiovisuais e de consultarías como Pricewaterhouse.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2015.