Ir o contido principal

Antoine Baceiredo diserta este venres no Ciqus sobre fosfinas complexas e a súa aplicación en pequenas moléculas

O actual director do Instituto de Química de Touoluse, oriundo de Cambre, foi distinguido en 2011 co premio da Sociedade Química Francesa

O profesor da Universidade de Toulouse e director do Instituto de Química de Toulouse, Antoine Baceiredo ofrecerá este venres, a partir das 12.15 horas, na Aula de Seminarios do Ciqus, unha conferencia baixo o título ‘Phosphine-stabilized Si (II) complexes: applications in catalysis and activation of small molecules’.

Baceiredo, oriundo de Cambre (A Coruña), é profesor da Universidade de Toulouse desde o ano 1982, onde traballou tres anos baixo a dirección do profesor Guy Bertand, antes de, trasladarse en 1985 á Universidade de Carolina do Sur, nos Estados Unidos, para integrarse no grupo de investigación de W.P. Weber. Xa de volta a Europa, este químico de orixe galego afincado en Francia foi nomeado en 1992 director de investigación CNRS no Laboratorio de Química de Coordinación en Touoluse, cargo no que permaneceu ata 1999, data na que se incorpora ao Laboratorio de Heteroquímica Fundamental e Aplicada da Universidade Paul Sabatier de Toulouse, onde ten o seu grupo de investigacón. Baceiredo, que na actualidade dirixe o Instituto de Química de Toulouse e é membro do taboleiro científico do CNRS, foi distinguido en 2011 co premio da Sociedade Química Francesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2013.