Ir o contido principal

Anuncio do gañador do XX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

O gañador do XX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia darase a coñecer este martes 3 no transcurso dunha rolda de prensa na que participarán o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kreglewski; o reitor da USC, Juan Viaño Rey; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e representantes da entidade premiada. A rolda de prensa terá lugar ás 11.00 horas na sala de prensa do Colexio de Fonseca.

O Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia, desde a súa creación en 1997, galardoou a persoas e institucións senlleiras que traballan a prol da dimensión europea de educación superior, procedentes de diferentes campos de coñecemento. Nas catro últimas edicións o Premio recaeu no programa Erasmus da Comisión Europea (2015), no científico sueco Lennart Levi (2014), a canle europea de noticias Euronews (2013), e o Colexio de Europa (2012).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2016.