Ir o contido principal

A APLTA do Campus Terra organiza unha xornada sobre eficiencia operativa nas industrias de alimentos e bebidas

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
O prazo de inscrición para participar neste foro técnico permanece aberto na web ata o 30 de marzo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC acollerá o 4 de abril unha xornada técnica sobre ferramentas orientadas para mellorar a eficiencia operativa nas industrias de alimentos e bebidas. Este foro, promovido en colaboración coa división Food Care da corporación Sealed Air, está aberto á participación de persoas e profesionais interesados, aínda que que o aforo está limitado a un máximo de 50 participantes.

O director da APLTA, Enrique Arbones, será o encargado de dar a benvida a todas a persoas inscritas nesta sesión de traballo, que se de desenvolverá en quenda de mañá, de 9.30 a 14.00 horas, e no marco da que se realizarán diversos seminarios e obradoiros. O custe da inscrición é de 30 euros e as persoas interesadas deben remitir cuberto o formulario de matrícula, que está accesible na web xunto co programa deste foro, ao enderezo electrónico elena.lopez [at] aplta.es (elena[dot]lopez[at]aplta[dot]es), a través do que se pode solicitar máis información.

Os profesionais que guiarán as distintas sesións previstas no marco desta xornada abordarán cuestións ligadas aos servizos orientados a crear valor mediante a eficiencia operativa e seguridade alimentaria, tecnoloxía aplicada ás unidades CIP para a redución de consumo de auga, enerxía e tempo, avaliación do gasto de auga e solución técnicas para a súa diminución, inspección hixiénica para a prevención e recuperación de auga e de sosa cáustica a partir da limpeza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2017.