Ir o contido principal

A APLTA e o Cetal celebran este mércores un seminario sobre análise de viscosidade e textura de alimentos

A actividade formativa comezará ás 9.30 horas no salón de actos do Cetal

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) da USC e o Centro Tecnolóxico Alimentario (Cetal) celebrarán este mércores, a partir das 9.30 horas, un seminario sobre análise de viscosidade e textura de alimentos no que se agarda a participación de representantes de medio centenar de empresas.

Esta xornada formativa, organizada a proposta das empresas Instrumentación Analítica SA e Dorgallega, tivo boa acollida entre as firmas do sector, tal e como o refrenda a participación no seminario de profesionais e técnicos procedentes de Navarra, País Vasco, Guadalaxara, Burgos e, entre outras provincias, Segovia. Respecto da presencia empresarial neste seminario, a organización confirmou xa a presenza de firmas coñecidas e recoñecidas no sector alimentario, tales como Capsa, Innolact, Feiraco, Calidad Pascual y Yogures Pacual, Anfaco, Clesa, Casa Macán, Pescanova, Lactalis-Nestle Guadalajara, Grupo Siro, Iparlat, Reny Picot, CNTA, Industrias Lácteas Monteverde, Ceamsa, Senoble, Laboratorio Lácteo Gallego, Acolat, Logística Alimentaria..., ademais doutras firmas de menor tamaño. Unha vez rematada as sesións de carácter formativo, que se prolongarán durante unhas catro horas de duración, todos os participantes neste seminario poderán completar unha visita guiada polas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2016.