Ir o contido principal

A APLTA da USC celebra o Día do Leite cos máis cativos

Escolares de Infantil con mestres e persoal da APLTA da USC
Escolares de Infantil con mestres e persoal da APLTA da USC
Un centenar de escolares de Infantil e Primaria de tres colexios lugueses visitan as instalacións da APLTA co gallo da celebración desta efeméride

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC súmase este mércores á celebración do Día Internacional do Leite 2016 coa organización de diversos obradoiros dirixidos a escolares e nos que tomaron parte perto dun centenar de nenos e nenas de tres centros educativos da cidade de Lugo.

A primeira quenda escolares que participaron nesta xornada conmemortiva foi un grupo de 50 estudantes de 3º de Infantil dos colexios Fingoi 2 e Rosalía de Castro de Lugo. A esta comitiva de escolares seguiulle outra formada por outros 50 alumnos de 2º de Primaria do colexio María Auxiliadora de Lugo. Durante a súa permanencia no centro universitario, os escolares, repartidos en grupos segundo as súas idades, fixeron unha visita polas novas instalacións da planta piloto da APLTA, onde se lles explicará de maneira básica as tecnoloxías existentes para o tratamento e a transformación do leite. Asemade, os escolares tamén recibirán información sobre os beneficios saudables que reporta o consumo de produtos lácteos, participaron en obradoiros de elaboración de queixo e iougur, catas... A primeira quenda de visitantes atopouse ademais coa visita do xogador de baloncesto do Bregoán Mamadou Samb. Como colofón desta visita ás instalacións da APLTA, os escolares participantes recibiron como agasallo unha camiseta conmemorativa da efeméride e un caderno de actividades de temática láctea, ademais dunha bolsa produtos lácteos doados polas empresas Capsa, Lactalis, Casa Grande de Xanceda, Feiraco, Clesa e Innolact. Escolares de Infantil nas instalacións da APLTA e, á dereita, co xogador do CB Bregoán Mamadou Samb

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2016.