Ir o contido principal

Aprázase a conversa do actor Ernesto Chao con universitarios no Colexio Maior San Clemente

A asociación Colexio Maior San Clemente recoñeceu recentemente ao actor e director teatral Ernesto Chao Pino como a personaxe galega do curso 2008-2009 “por ser referente para moitos galegos e galegas” tras o seu papel de Miro Pereira na serie ‘Pratos Combinados’ da TVG.
Ernesto Chao ía acudir este martes 17 ao Colexio Maior San Clemente para conversar cos universitarios nunha actividade integrada dentro do programa ‘Martes de Marzal’ da Asociación, mais no último momento, e por razóns de forza maior, o actor tivo que anular este encontro non sen comprometerse a celebralo nunha data próxima.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2009.