Ir o contido principal

Aprobada a Programación Plurianual para os vindeiros catro anos e un orzamento para 2015 de preto de 168 millóns

O Consello Social da Universidade de Santiago deu este luns o seu visto bo á Programación Plurianual da institución para o período 2015-2018 e a un orzamento para 2015 de 167.937.410 euros.

A programación plurianual da USC está determinada por dúas accións concretas, o Plan especial de captación de estudantes para o Campus de Lugo e o obrigado Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio. As liñas xerais estrutúranse en seis puntos, sinalando actuacións específicas relativas a edificios e instalacións de carácter xeral, investimentos en infraestruturas de docencia e de investigación, actuacións sobre os centros ou estudos, plans de investigación, comunidade universitaria e servizos xerais. Pola súa banda, o novo orzamento aprobado debe executar as previsións do citado plan de reequilibrio, que responde a un déficit de 9 millóns de euros en 2013 e que condiciona “de xeito determinante” a política orzamentaria do exercicio, segundo explicaron os responsables universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2014.