Ir o contido principal

A Área de Calidade organiza un curso para a formación de auditores internos de Sistemas de Garantía de Calidade

A Área de Calidade e Mellora dos Procedementos da USC acaba de iniciar un programa de actividades co que dotar de ferramentas aos centros para a certificación dos seus sistemas internos de calidade. Neste contexto a Área desenvolve estes días un curso para a formación de auditores externos de Sistemas de Garantía de Calidade (SGC) baseados no modelos Audit. A finalidade é facilitar o desenvolvemento das habilidades e actitudes para detectar oportunidades de mellora e para verificar o cumprimento dos criterios establecidos. Ademais, o curso propicia unha reflexión sobre un estándar homoxéneo de actuación para as persoas que participen nos equipos de auditores externos de SGC no ámbito universitario.

Cunha carga lectiva de 14,5 horas, as sesións son eminentemente prácticas incluíndo a realización de distintas prácticas, actividades e exercicios como estudos de escenas e redacción de informe final baseado no método do caso, así como a preparación e execución dunha auditoría, complementado cun apartado teórico sobre a definición e tipos de auditoría. O desenvolvemento deste curso permitirá conformar un grupo de auditores/as que colabore na implantación do SGC na USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2016.