Ir o contido principal

A Área de Deportes amplía a súa oferta con novas actividades

Impártense clases de defensa persoal, para perder o medo á 'bici' e de iniciación á escalada

A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura, amplía a súa oferta coa Escola de Defensa Persoal e as xornadas de Perdendo o medo á ‘bici’ e Iniciación á Escalada. O prazo para matricularse abre o luns, día 20, para todas as persoas interesadas.
As sesións para montar en bicicleta e aprender a escalar celebraranse os días 28, 29 e 30 de outubro. As primeiras terán lugar no Campo de Hoquei Herba de 11:00 a 13:00 horas e as segundas no Estadio de Atletismo de 16:00 a 18:00 horas.
Para formalizar a inscrición e obter máis información débese acudir ás oficinas da Área de Deportes, emprazadas na Piscina Universitaria, chamar ás extensións 15070-15071-15072-15073-15076 ou a través da web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2008.