A Área de Deportes inicia un curso de relaxación e outro de iniciación ao tiro con arco
Un curso de relaxación e conciencia corporal, en Santiago, e outro de iniciación ao tiro con arco no campus lugués, son as dúas novas propostas que a Área de Deportes desenvolve actualmente neste segundo cuadrimestre do curso.
No primeiro caso, as clases celebrarase todos os luns lectivos ata o 22 de xuño en horario de 17:00 a 18:15 horas no Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Do mesmo xeito, as sesións de tiro con arco tamén comezaron e estenderanse ao longos dos días 23, 25 e 30 de marzo e 1 de abril no ximnasio do Pazo de Deportes de Lugo. Neste último, o horario é de 15:30 a 17:30 horas.
De xeito paralelo, as persoas interesadas aínda poden inscribirse na Escola de Pilates, xa que existen prazas libres nos grupos que se imparten nas facultades de Filoloxía e de Ciencias Económicas e Empresariais. Concretamente, en Filoloxía existen vacantes para os luns e mércores de 9:15 a 10:00 e de 10:15 a 11:00 horas, mentres que en Económicas a dispoñibilidade é para os martes e venres en horario de 12:15 a 13:00 horas.