Ir o contido principal

A Área de Deportes organiza catorce actividades en xullo

O prazo de inscrición nos cursos, que se desenvolverán de novo en setembro, permanece aberto

A Área de Deportes da Universidade de Santiago ofrece para o mes de xullo catorce actividades que se desenvolverán de novo en setembro. As persoas interesadas en asistir aos cursos aínda poden matricularse.
As clases serán de aerobic, capoeira, perdendo o medo á bici, danza do veo, iniciación á escalada, kung-fu, natación, pilates, tenis e tai-chi. Tamén haberá sesións de especialización en esgrima e xornadas prácticas de escalada para aqueles que fixeran anteriormente os cursos de iniciación.
Ademais, os días 15, 22 e 29 terán lugar as rutas por Compostela. Pola súa banda, as sesións de sendeirismo serán o sábado 12 do Cabo Touriñán ao Cabo Fisterra e o 19 en Guitiriz seguindo a ruta da auga.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2008.