A Área de Deportes da USC comeza o curso con varias actividades
O novo curso 2009-10 comeza con forza para a área de deportes da USC, que xa para este mes de setembro ten organizadas varias rutas de sendeirismo e camiñada.
O sábado, 26 de setembro, está prevista unha ruta de sendeirismo de aproximadamente 12 quilómetros polo río Xabriña, no concello de Covelo. O prazo de inscrición remata o mércores 23, cun prezo de 15 euros para estudantes da USC, PAS, PDI e ex alumnos e de 20 € para persoal alleo.
Roteiro por CompostelaO sur do Pedroso será o lugar por onde discorra o roteiro do xoves, 24 de setembro. A actividade, cun custe de 4 €, dará comezo ás 17:00 horas e percorreranse en total 8 quilómetros.