Ir o contido principal

A Área de Italiano homenaxea a catedrática Isabel González Fernández

O reitor Juan Viaño presidirá este venres 18 o acto homenaxe que a Área de Italiano do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana lle vai render á catedrática Isabel González Fernández polos máis de corenta anos de dedicación á institución compostelá, e particularmente como impulsora da creación da área de italiano na USC.

A homenaxe, na que se entregará á homenaxeada un libro conmemorativo, comezará ás 13.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e nela intervirán as co editoras do libro, a profesora da Universidade de Córdoba Carmen Blanco Valdés e Ana Mª Domínguez Ferro, da USC; o catedrático de Filoloxía Románica da Università de Milano, Alfonso D’Agostino; o director do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana, Benedict Buono; a decana da Facultade de Filoloxía, Mª José López Couso; e a propia homenaxeada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2016.