Ir o contido principal

A área de Xestión Académica da USC recibirá a certificación que renova o seu sistema de xestión da calidade conforme á norma ISO 9001:2008

A Área de Xestión Académica da USC recibirá este martes 15 a certificación que acredita o proceso de renovación do seu sistema de xestión da calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2008. A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, recibiraa de mans do director en Galicia de AENOR, Martín Pita López. No acto, que comezará ás 12.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, tamén estará presente a vicexerenta Mª Teresa Angulo Carballal. A USC acadara este certificado en 2005 para o seu servizo de xestión da oferta e programación académica, xestión académica e as Unidades de Xestión Académica dos campus de Santiago e Lugo. Logo dunha renovación en 2008 e 2011, agora recibe outra prórroga de tres anos, unha vez realizadas as obrigadas auditorías anuais, que se estenderá ata o próximo 2017. No servizo de xestión da oferta e programación académica as actividades obxecto da certificación son as da oferta da libre elección, a determinación do límite de prazas e a planificación académica anual (elaboración e aprobación da PDA, elaboración e aprobación do POD e confección da oferta académica) para titulacións oficiais e propias de 1º e 2º Ciclo, grao e máster oficial. Pola súa banda, para o servizo de xestión académica aválase a calidade da xestión administrativa dos procesos de admisión e matrícula, recepción de actas e títulos, libre elección e recoñecemento de actividades, adaptacións e validacións, actos académicos e certificacións para titulacións oficiais e propias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2014.