Ir o contido principal

Arrinca no campus de Lugo a primeira edición do curso de Xastraría Teatral

O curso de Xastraría Teatral inaugúrase este martes 13 na aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria, por primeiro ano no Campus de Lugo, organizado pola Vicerreitoría de Cultura dentro do programa cultural Espazo.
A actividade, que se impartirá os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de xaneiro pola tarde, de 18 a 20:00 horas, ten unha duración de 12 horas e ten cubertas todas as prazas. Durante as clases, que estarán impartidas por Clotilde Vaello, achegarase aos alumnos á historia do vestiario de teatro e á linguaxe e vocabulario das prendas teatrais. O curso contará ademais cunha pequena parte práctica onde se estudarán os materiais para confeccionar un prototipo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.01.2009.