Ir o contido principal

A artista brasileira Christina Oiticica enterrará parte da súa obra no claustro da Facultade de Xeografía e Historia

A intervención forma parte dunha mostra que se poderá visitar en maio de 2009 en Santiago

A Vicerreitoría de Cultura da USC está a traballar xunto coa Fundación Via Galego na produción dunha mostra da artista brasileira Christina Oiticica que se poderá visitar en maio de 2009 na Igrexa da Universidade baixo o título Camiño Peregrino. Christina Oiticia (Rio de Janeiro en 1951) é pioneira en aplicar unha particular técnica nas súas obras, combinando land art e pintura. Cree na pegada visible e invisible que deixa a natureza nas obras, á que considera coautora dos seus cadros.
Como parte do proceso previo da exposición de 2009, a artista fará este venres 11 ás 10.30 horas un enterramento de parte da súa obra no claustro da Facultade de Xeografía e Historia, onde permanecerá aproximadamente durante seis meses.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2008.