A artista multidisciplinar Carmen P. Granxeiro ofrece este xoves o relatorio baixo o título ‘Unha historia de cine’ na Casa do Saber
A artista multidisciplinar Carmen P. Granxeiro ofrece este xoves, a partir das 19.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo o relatorio ‘Unha historia de cine’.
Esta sesión, incluída na programación de actividades promovidas pola Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, permitirá ao público asistente facer un percorrido pola historia do cinema e da sociedade dos últimos séculos. A técnica superior de produción e espectáculos, que tamén completou estudos de Cinematografía e Artes Visuais, Carmen P. Granxeiro, aproveitará a súa intervención para facer especial fincapé na relación advertida entre ciencia e tecnoloxía, linguas e cultura ou as Belas Artes clásicas coa linguaxe audiovisual. O relatorio de Carmen P. Granxeiro desenvolverase no marco dunha sesión aberta á participación de todo o público interesado. A entrada para asistir ao relatorio e libre e de balde ata completar aforo.