Ir o contido principal

A asociación Alumni mantén aberto ata mediados de outubro o prazo de recepción de traballos do seu Premio de Relato Curto

A asociación Alumni USC, de antigos alumnos e amigos da Universidade compostelá reanuda a convocatoria do seu Premio de Relato Curto, dotado con 500 euros. O prazo para a recepción de traballos finaliza o 15 de outubro. Esta é unha convocatoria aberta ao público en xeral. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en lingua galega nun máximo de sete folios e os orixinais que se presenten non serán devoltos. A presentación de propostas deberá realizarse baixo pseudónimo.

A presidente de Alumni USC, Benita Silva, destaca o patrocinio neste edición de La Rosaleda e sinala que este certame é unha das actividades culturais da asociación coa que se pretende chegar ao maior número de persoas posible. O xurado, de cuxa composición se informará oportunamente, estará formado esencialmente por especialistas. Os traballos deberán presentarse por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN A4 e por unha cara na fonte Times New Roman e tamaño 12.

As propostas deberán dirixirse á Asociación de Antigo Alumnos e Amigos da USC, Casa Concha, rúa da Conga 1 (15.704 Santiago de Compostela). As bases da convocatoria poden consultarse na web da Asociación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.09.2016.