Ir o contido principal

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC elixiu a súa xunta directiva

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC elixiu a súa xunta directiva
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC elixiu a súa xunta directiva

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC celebrou este venres a súa primeira asemblea xeral, na que os socios e socias fundadores elixiron por unanimidade a súa xunta directiva.

Será o reitor Juan Viaño quen presida os vindeiros catro anos a asociación, que ten por vicepresidente á directora do museo, Isabel Fraga Vila, como tesoureiro a Roberto Almuiña Díaz, como secretario a Francisco Caamaño Isorna e como vogais a Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán, Felipe Bárcena Varela de Limia.

Entre outros asuntos tratados na asemblea, acordaron apoiar os retos a tratar no Cumio do Clima de París 2015 na loita contra o cambio climático.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2015.