Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos peregrina a Santiago

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC fará o Camiño de Santiago por primeira vez. Tras estudar as propostas dos socios, a peregrinación levarase a cabo os domingos 19 e 26 de abril e o 10, 17 e 31 de maio.
A ruta comezará en Sarria, ata onde se desprazarán en autocar ao igual que nas ocasións posteriores, sendo cada etapa percorrida de aproximadamente 25 quilómetros.
Por outra banda, socios da AAAAUSC visitarán a Catedral para ver os traballos de restauración do Pórtico da Gloria. Esta actividade, que se desenvolverá este sábado 18 de abril as 10:45 horas, suscitou tanto interese que se repetirá nos próximos meses.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2009.