A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra a súa XIII asemblea xeral ordinaria
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrará este xoves, día 15, ás 19.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a súa XIII Asemblea Xeral Ordinaria, na que se aprobarán as actuacións desenvolvidas en 2007 e se definirán accións futuras.
Ademais, no transcurso da xuntanza elixiranse aos integrantes da nova xunta directiva.