Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrará este sábado a súa asemblea de outono

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrará este sábado 17 a súa asemblea de outono na residencia Monte da Condesa a partir das 11.30 horas. Na mesma sesión a partir das 12.30 horas, o catedrático de Bioloxia e Xeoloxía Antonio Guillén pronunciará a conferencia ‘Lago de Sanabria, un ecosistema en desequilibrio’.

Antonio Guillén Oterino (Zamora, 1961) é colaborador do CSIC no proxecto ‘Flora Iberica’, coordinador de investigación da Estación Biolóxica Internacional Douro-Douro (EBI) dende 2012, traballo que desenvolve de xeito altruísta e en cuxo marco desenvolve a investigación sobre o estudo dos microorganismos acuáticos e o deterioro do lago de Sanabria. Premio nacional de fotografía científica, premio nacional Giner de los Ríos á calidade educativa e premio nacional Reporteros de Planeta Tierra, Guillén posúe varios recoñecementos internacionais, nacionais e rexionais polos seus traballos de innovación educativa, investigación e divulgación científica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2016.