A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrou a súa XVIII asemblea xeral

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago celebrou este xoves a súa XVIII asemblea xeral ordinaria. A xuntanza presidiuna o reitor Juan Casares Long no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e contou coa asistencia, entre outras personalidades, do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira. No mesmo acto tivo lugar un pequeno recoñecemento aos membros da xunta directiva saínte en 2012 Luisa Balsa Anido, Dolores Dávila García, Lourdes Ruibal Feáns e Ángel López Conde e entregouse o VII Premio de Relato Curto a Félix Noriega Peiro pola súa obra Viaje a la nada. O acto rematou cunha conferencia do profesor Carlos Baliñas Fernández titulada ‘ Vivat academia! A intrahistoria das Universidades’.