A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC nomeou socios de honra a Manuela López Besteiro e Manuel Puga Pereira

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebrou este venres pasado no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) un acto de recoñecemento ao labor de Manuela López Besteiro e Manuel Puga Pereira como presidentes do Consello Social da USC. Foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen fixo entrega dunha placa aos novos socios de honra, mentres que o presidente e vicepresidente da Asociación fixeron o propio cunha insignia de ouro. Ao acto asistiu o reitor en funcións da USC, Senén Barro; o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad; o vicerreitor da Comunidade Universitaria e Compromiso Social USC en funcións, José M. Mayán Santos; o vicerreitor de Coordinación en funcións do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; a xerente da USC en funcións, Dulce García Mella; o reitor electo, Juan José Casares Long; o secretario do Consello Social da USC, Benigno Carril Pérez; e o voceiro do Consello Social, Miguel de la Calle Amaro.