A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita a Cidade da Cultura
Un ano máis a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitará este sábado a Cidade da Cultura onde coñecerán o plano arquitectónico levado a cabo por Peter Eisenman e recoñecido como un dos máis grandes complexos do mundo.
Integran este proxecto os edificios Museo da Historia de Galicia e Casa Mundo (antes denominado Edificio das Novas Tecnoloxías), a Biblioteca e a Hemeroteca, o Escenario Obradoiro (chamado Teatro da Música), o Edificio de Servizos Centrais e, por último, as Torres Hejduk que, cunha altura de 25 metros, completan o grupo de instalacións principais.