A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita a Cidade da Cultura
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitará na mañá deste sábado, día 10, a Cidade da Cultura. Os socios iniciarán o percorrido ás 11:45 horas da explanada do Multiusos de Sar.
A Cidade da Cultura constitúese como un espazo de referencia para a imaxinación e para a proxección internacional da cultura galega. A través das súas infraestruturas búscase o fomento da creación e a produción cultural.
Durante unha hora e media os asistentes coñecerán o proxecto arquitectónico ideado por Peter Eisenman, recoñecido como un dos maiores complexos do mundo. Visitarán así o Museo da Historia de Galicia e a Casa Mundo; a Biblioteca e a Hemeroteca; o Escenario Obradoiro e o Edificio de Servizos Centrais. Por último, as Torres Hedjuk deseñadas polo arquitecto John Hejduk, 25 metros de altura que completan o grupo de edificios principais.