Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita as cubertas da Catedral

Un grupo de integrantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) visitarán este sábado 7 as Cubertas da Catedral de Santiago, dentro das actividades que a asociación organiza ao longo de todo o ano para os seus socios.
O acceso realizarase dende o Pazo de Xelmírez (Obradoiro) ás 12:00 horas para iniciar a ascensión a través da Torre da Carraca, pasando sobre o Pórtico da Gloria e alcanzando os últimos tramos a través da Torre das Campás. Dende aí accederán á Cuberta, dende onde gozarán dunhas vistas privilexiadas da cidade.
Na visita, dunha duración aproximada dunha hora, coñecerán de primeira man a historia dos tellados da Catedral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2008.