A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos visita o patrimonio histórico da USC
Un ano máis, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitará o Patrimonio Histórico da Universidade. será este sábado 13, a partir das 12:00 horas, cando os socios coñezan o patrimonio arquitectónico, artístico, científico e documental da Universidade compostelá.
Partirán do Colexio de Santiago Alfeo impulsado no s. XVI por Don Alonso III de Fonseca, onde terán a posibilidade de ver o seu claustro. Despois poderán apreciar a riqueza da Biblioteca América que, grazas á iniciativa de Gumersindo Busto, hoxe é única no mundo pola súa especialidade temática xa que reúne un gran compendio iconográfico, humanístico e bibliográfico. A súa importancia móstrase tamén na riqueza dos seus fondos, que albergan o libro de Horas de Fernando I de León, que é considerado, de feito, o libro máis antigo de Compostela.
A viaxe continúa pola sede do Colexio de San Xerome e pola actual Facultade de Xeografía e Historia, onde accederán ao Paraninfo e ao Salón de Lectura. E xa como remate os socios terán a posibilidade de contemplar as fermosas vistas da cidade desde as cubertas dese centro.