Ir o contido principal

A Asociación CM San Clemente comeza as súas actividades de compromiso social

As actividades de compromiso social da Asociación CM San Clemente encamíñanse este ano ás accións interxeracionais para recibir experiencias e aprendizaxes de intercambios cos maiores da Asociación Cultural para o desenvolvemento sen fronteiras de Santiago de Compostela que preside María Montaña.
O programa, gratuíto e dirixido a toda a comunidade universitaria e persoas interesadas, comeza este martes 9 cun chocolate no que debaterán sobre a cuestión ¿Podemos xulgar ás persoas pola súa linguaxe?.
Xa o mércores 10 os colexiais do San Clemente compartirán música e baile con maiores para o martes 16 compartir xogos e entretementos habituais entre as dúas asociacións. A experiencia péchase o 17 de marzo cun debate sobre as relacións interxeracionais. Todas as actividades serán ás 20:30 horas no Colexio Maior universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.03.2010.