Ir o contido principal

A Asociación Colexio Maior San Clemente inscríbese no Voluntariado de Activación lingüística

A Asociación Colexio Maior San Clemente organiza este martes 24 unha charla na que representantes da oficina de Voluntariado de Activación Lingüística explicarán aos asistentes esta iniciativa. Ao remate farase efectiva a inscrición da asociación neste voluntariado.
A charla, enmarcada nos Martes de Marzal, terá lugar ás 21:30 horas no salón de actos do colexio maior e nela falarase de experiencias e propostas que potencian a lingua e cultura galegas como é o Voluntariado de Activación lingüística.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2009.