Ir o contido principal

A Asociación Forestal de Galicia presenta na EPS dúas publicacións nas que participaron profesores da USC

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) presentará este xoves 5, ás 12:00 horas na Escola Politécnica Superior, dúas novas publicacións, que derivan de proxectos europeos nos que estivo implicada a Universidade de Santiago de Compostela e nos que participaron profesores da EPS.
Os títulos dos cadernos que se presentan son: ‘Enersilva: promoción del uso de la biomasa forestal con fines energéticos en el suroeste de Europa (2004-2008)’ e ‘Ecas: cultivos energéticos en el espacio atlántico (diciembre 2007)’.
A presentación será na sala de Xuntas deste centro e está aberta a todos os públicos. Entregaranse aos asistentes exemplares das publicacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2008.