Ir o contido principal

A Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo visitará Pontevedra e ao Castelo de Soutomaior o 22 de marzo

A Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo celebrará o vindeiro 22 de marzo unha excursión á cidade de Pontevedra, onde está prevista unha unha visita guiada ao Museo de Pontevedra, e logo desprazaranse ao Castelo de Soutomaior, onde os excursionistas terán a oportunidade de pasear polos seus xardíns e observar as súas espectaculares camelias.

Esta excursión está dirixida a membros do IV Ciclo Universitario, aínda que tamén está aberta á participación de acompañantes e doutras persoas alleas ao colectivo. O número de prazas ofertadas para esta viaxe, que se realizará en autobús, é de 50 e o prezo da inscrición é de 25 euros para asociados/as. O custe da actividade para as demais persoas será de 30 euros. As persoas interesadas poden formalizar a súa reserva de praza para a excusión á cidade de Pontevedra e ao Castelo de Soutomaior a través dos números de teléfono 982 231 576 ou 660 419 917.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2014.