Ir o contido principal

A asociación MEIGA organiza unha xornada que reflexiona sobre a violencia de xénero dende a perspectiva sanitaria

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas

A asociación estudantil Medicina Intercambio Galicia (ME.I.GA), coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, organizan unhas xornadas sobre a violencia de xénero. Celebraranse o luns 17 e o martes 18 entre as 16.00 e as 21.30 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina.

O programa inaugurarao a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e o decano deste Facultade, Juan Gestal, nun acto ás 16.00 horas que dará paso a unha serie de relatorios que contextualizarán o problema incidindo naquelas cuestións que axuden á detección de situacións de violencia de xénero no contexto sanitario e como abordalo dende o punto de vista psicolóxico. Na quenda do martes, abrirase un debate sobre as responsabilidades do persoal médico ante casos de violencia de xénero ou os seus aspectos legais. Na mesma xornada celebrarase unha mesa redonda sobre a eficacia das denuncias por violencia de xénero e sobre o papel que pode adoptar o estudantado antes estas situacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2014.