Ir o contido principal

A asociación SharinGalicia de estudantes da USC organiza esta semana o proxecto ‘Galicia polos 5 Sentidos’.

A asociación SharinGalicia de estudantes da USC organiza esta semana unha serie de actividades enmarcadas no proxecto ‘Galicia polos 5 Sentidos’ en colaboración coa Direccion Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a traves do Programa Iniciativa Xove.

O proxecto comezou o mércores cunha competición de xogos tradicionais en colaboración co Servizo de Deportes da USC e continuou cunha xornada gastronómica na residencia universitaria Monte da Condesa.

A xornada deste venres dedícase ao sentido do oído, con clases de música e bailes tradicionais galegos na Taberna da Chorima a partir das 20.00 horas. O olfacto será quen protagonice a ruta polo Pedroso organizada para o sábado, nun ciclo que rematará o seu percorrido o domingo cunha excursión ás Illas Cíes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2016.