Ir o contido principal

A Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao reúnese estes días no Centro de Estudos Avanzados

A Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao celebra estes días no Centro de Estudos Avanzados da USC unha xuntanza da dirección cos seus directores rexionais. O encontro inaugurouno este luns 20 o reitor compostelán Senén Barro, acompañado de Víctor Cruz Cardona, director xeral da AUIP.A USC acolle este encontro que se estenderán do luns 20 ao martes 21 para planificar as próximas actividades da asociación e no que, xunto aos directivos, están convidados os directores rexionais da asociación en Brasil, Colombia, Cuba, Ecuador, Arxentina e España.
No encontro tamén se analizarán as liñas de traballo, compromisos e prioridades inmediatas e no medio prazo da asociación. Na xornada do martes 21, os participantes realizarase unha posta en común sobre os avances, os aspectos técnicos e a loxística da posta en marcha do posgrao en Iberoamérica.
A AUIPA Asociación Universitaria Iberoamericana de Postgrado é un organismo internacional non gobernamental recoñecido pola UNESCO, dedicada ao fomento dos estudos de posgrao e doutoramento en Iberoamérica. Actualmente está integrada por máis de 130 prestixiosas institucións de educación superior de España, Portugal, América Latina e o Caribe.
Constituída en 1988como unha entidade dependente da Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI), a AUIP presta servizos de información e divulgación sobre os posgraos que se ofrecen, colabora en procesos de avaliación interna e externa, acreditación e harmonización curricular desa oferta académica, facilita a mobilidade e intercambio de profesores e estudantes e incentiva o traballo académico e investigador a través de redes de centros de excelencia en diversos campos do coñecemento, entre outros asuntos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2009.