Ir o contido principal

A atleta do Club Universitario Rosa María Pernas, segunda na liga española de Orientación 2015

Rosa María Pernas, nunha das competicións disputadas este ano
Rosa María Pernas, nunha das competicións disputadas este ano

A deportista do Club Universidade de Santiago Rosa María Pernas Martínez finalizou segunda na modalidade de sprint F50 e cuarta na de longa-media distancia da liga española de Orientación durante 2015.

A integrante do club universitario recibiu a medalla que a recoñece entre os mellores orientadores e orientadoras da liga nunha sesión celebrada recentemente na localidade salmantina de Ciudad Rodrigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2016.