Ir o contido principal

A atleta do Club USC Esther Pedrosa proclamouse subcampioa do mundo de veteranas en Budapest

A atleta coa medalla que acredita como subcampioa do mundo
A atleta coa medalla que acredita como subcampioa do mundo
A este éxito hai que sumarlle que tamén se alzou co bronce na categoría de 3.000 metros en pista cuberta

A atleta do Club da USC Mª Esther Pedrosa Carrete conseguiu no Campionato do Mundo de Veteranos celebrados entre o 25 e o 30 de marzo de Budapest a prata na categoría de cross e o bronce nos 3.000 metros en pista cuberta. Esther Pedrosa ten acadado numerosos éxitos deportivos dende hai anos entre os que se atopan o Campionato de España de Gran Fondo e o Campionato do Mundo de 15 quilómetros en tres ocasións, ou a Copa do Mundo Maratón en Seul, entre outros. O Campionato mundial de Atletismo en Pista Cuberta botou a andar en 1987 e realízase cada dous anos no inverno que non hai Xogos Olímpicos ou Mundiais ao aire libre. Trátase da segunda maior proba atlética a nivel mundial e está organizada pola Asociación Internacional de federacións de Atletismo. Nesta competición participaron un total de 252 atletas españois, quedando a selección nacional segunda clasificada no na cita co cross mundial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2014.