Atletas do Club USC destacan no Campionato Galego cadete ao aire libre e no Provincial

O atleta do Club USC Pablo Saa logrou o primeiro posto na modalidade de triple salto no Campionato Galego Cadete ao Aire libre disputado esta fin de semana no Centro de Tecnificación de Pontevedra, unhas das citas máis importantes para os atletas ao poñer o peche á temporada actual. Na competición tamén destacou Pablo Rodríguez que logrou un bronce en altura e obtivo a segunda mellor marca na semifinal de 100 metros valados aínda que non puido participar na final por lesión. Xunto estes dous atletas, Navia López e Eva Martín melloraron as súas marcas persoais nas competicións de triplo salto, o mesmo que Ana Cortizo en 300 metros. Campionato provincial Tamén esta mesma fin de semana, os atletas das categorías inferiores do Club USC colectaron destacados resultados no Campionato Provincial disputado en Ferrol e clasificatorio para o Campionato Galego. Daniel Losada subiu ao primeiro chanzo do podio en 220 metros valados, o mesmo que Rodrigo Tasende, ouro nos 500 metros, e que Lucía Martínez-Reboredo, gañadora en 3.000 metros.
Tamén tiveron actuacións destacadas Mª Ángel Ruíz, co carto posto en triplo salto, e Henok Martínez que se proclamou subcampión provincial en lanzamento de peso.