Ir o contido principal

Atletas da USC reciben os trofeos polos primeiros postos acadados na Liga Galega de Orientación 2010

A Liga Galega de Orientación celebrará este sábado 19 de febreiro a primeira proba da tempada, que terá lugar no Monte Escusa (Pontevedra). Coincidindo coa competición, farase entrega dos trofeos da Liga Galega 2010, na que resultaron premiados cinco atletas do Club USC. Concretamente, Pilar Veiga e Margarita Balboa, acadaron o primeiro posto das categorías D-Élite e D-45, respectivamente. Pola súa banda, Rosa María Pernas, na escala D-35, Eduardo Ramos Lozano, na H-45, e María Isabel Fraga ,na D-Élite, lograron o terceiro posto na súa categoría na Liga Galega de Orientación 2010. Probas combinadas Por outro lado, o atleta do Club USC Luís Eire Vázquez resultou gañador do campionato galego de probas combinadas na categoría de veteranos de maiores de 60 anos, celebradas en Pontevedra. Así mesmo, tamén se proclamaron campións os deportistas xuvenís David Santos Domínguez na proba de 1.500 metros e Juan Capeáns Tubío na de 400 m., dentro do Campionato Galego de Xuvenil-Junior en pista cuberta, que tivo lugar en A Coruña a pasada fin de semana. Neste mesmo torneo, Paula Sahelices e Rosa María Manzano, en 800 e 200 metros, fixéronse coas medallas de prata e bronce, respectivamente. Por último, o grupo de veteranos da USC obtivo o quinto posto por equipos na categoría M45 do campionato español que se celebrou en Vitoria o pasado 6 de febreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2011.