Ir o contido principal

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias organiza actividades para escolares polo Día Mundial do Leite

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC organizará este mércores diversas actividades e obradoiros para promover o consumo de produtos lácteos e os seus beneficios para a saúde entre os escolares co gallo do Día Mundial do Leite 2015, unha efeméride que se celebrou en todo o mundo o pasado 1 de xuño.

O programa de actividades, entre as que se inclúe un percorrido polas distintas dependencias e instalacións da APLTA, charlas e obradoiros orientados á elaboración de queixos e iogures, desenvolverase a partir das 9.30 horas, cando está prevista a chegada do primeiro grupo de escolares. Esta xornada de visitas será en quenda de mañá e todos os participantes nesta xornada conmemorativa do Día Mundial do Leite recibirán como agasallo un lote de produtos lácteos cedidos por diversas empresas do sector lácteo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.06.2015.