Ir o contido principal

A Aula de Teatro busca actores e actrices para a súa próxima estrea ‘Sweeney Todd. O barbeiro diabólico de rúa Fleet’

A Aula de Teatro colectou o pasado ano numerosos premios coa representación de 'Apnea (2ª variación)'
A Aula de Teatro colectou o pasado ano numerosos premios coa representación de 'Apnea (2ª variación)'

A Aula de Teatro da USC inicia este luns 8 a segunda volta das probas de acceso para a súa compañía co fin de pechar o reparto da próxima produción teatral teatral ‘Sweeney Todd. O barbeiro diabólico de rúa Fleet’. As probas, que continuarán este martes 9 e o mércores 10, realizaranse na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade), a partir das 18.00 horas. A próxima estrea da Aula de Teatro é unha adaptación do musical de Stephen Sondheim e parte do libreto de Hugh Wheeler. Participará na produción desta montaxe a Orquestra do Espazo de Cámara da USC. Para ampliar información, todas as persoas interesadas poden dirixirse aos teléfono 8818 11021 e 8818 11103.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.09.2014.