A Aula de Teatro compostelá colecta os premios ao mellor espectáculo e á mellor interpretación no Festival Universitario da Beira Interior

A última produción da Aula de Teatro da USC, Cinzas, acaba de ser recoñecida cos premios do xurado ao mellor espectáculo e á mellor interpretación, este último ao conxunto de actores e actrices da compañía universitaria compostelá, no Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior de Portugal, considerado o máis antigo do país que se realiza de xeito ininterrompido. Este é un encontro co organizado por TeatrUBI, Grupo de Teatro da Universidade da Beira Interior, en colaboración coa Associação de Teatro e outras artes (ASTA).
Cinzas, produción da Aula de Teatro da USC para este curso, é unha proposta creada a partir de diversos textos de Rodrigo García.