Ir o contido principal

A Aula TIC Pemes da USC abre a inscrición na oitava edición do obradoiro en liña sobre xestión de tendas virtuais con Prestashop

Cartaz do obradoiro
Cartaz do obradoiro
O taller, dirixido a particulares, autónomos e pemes, está estruturado en 50 horas formativas e desenvolverase en liña do 23 de outubro ao 27 de novembro

A Aula TIC-Pemes da USC vén de abrir o prazo de inscrición na oitava edición do obradoiro en liña de xestión de tendas virtuais con Prestashop, un taller orientado a autónomos e pemes, pero tamén aberto á participación de calquera persoa, que se desenvolverá en liña do 23 de outubro ao 27 de setembro.

Esta actividade, cuxo programa está estruturado en 50 horas de formación, presenta un marcado carácter práctico. O prezo da inscrición é de 50 euros, aínda que os membros da comunidade universitaria da USC, así como ex alumnos, poderán beneficiarse dun desconto do 50% sempre e cando acrediten esta condición. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en formalizar a inscrición no obradoiro poderán cumprimentar o seguinte formulario ata o 22 de outubro, data na que remata o período de matrícula. Ademais, como novidade, existe unha modalidade de desconto para grupos, que posibilita un desconto individual de cinco euros no prezo da matrícula no caso de inscricións conxuntas de cinco persoas. Esta promoción é compatible coa redución de taxas aplicada a persoal e estudantes da USC. O Facebook da Aula TIC Pemes da USC sortea asemade unha matrícula de balde neste curso entre os fans desta páxina de Facebook que deixen un comentario na publicación anterior. Os contidos incluídos nesta actividade formativa son amplos e abranguen desde instalación e posta en marcha da aplicación, administración de clientes e empregados, manipulación do catálogo de produtos, xestión de pedidos e pagos, análise estatística de datos ata outras ferramentas. As persoas que a superen este obradoiro, recibirán un certificado acreditativo expedido pola Aula TIC-Pemes da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2015.