Ir o contido principal

A Aula TIC-Pemes da USC organiza dous obradoiros virtuais sobre xestión de tendas en liña e planificación de recursos empresariais

A inscrición nestes programas formativos en liña, estruturados en 50 horas de formación e dirixidos a estudantes e profesionais, xa está aberta

A Aula TIC-Pemes da USC organiza dous obradoiros virtuais sobre xestión de tendas en liña e planificación e recursos empresarias, dúas actividades formativas abertas á participación de estudantes, autónomos e pemes, así como de calquera outra persoa interesada.

Os dous novos cursos ofertados pola Aula TIC-Pemes da USC e que comezarán a desenvolverse en liña a partir do 29 de marzo son de marcado carácter práctico están baseados en ferramentas de software libre e código aberto, polo que os materiais educativos consisten principalmente en vídeos explicativos e de titoría. Nesta nova quenda de programación formativa, a Aula TIC-Pemes organiza unha nova convocatoria, e xa vai pola sexta, do obradoiro virtual sobre xestión de tendas virtuais con Prestashop, un curso que tivo moi boa acollida en anteriores edicións e que se se estrutura en 50 horas de formación. Asemade, a terceira edición do obradoiro virtual sobre planificación e recursos empresariais con DolibarrERP, que tamén comezará o 29 de marzo, tamén presenta un programa de formación e aprendizaxe de 50 horas de duración. O prazo de inscrición en calquera destes dous obradoiros permanece aberto e as persoas deben cumprimentar un formulario que tamén poden solicitar a través do enderezo de correo electrónico atpemes [at] usc.es (atpemes[at]usc[dot]es). O prezo da matrícula é de 100 euros para cada un dos cursos, unha taxa que se verá reducida a 60 euros para os estudantes da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2014.